Recinto circular estable ou ambulante, onde os artistas realizan diversos exercicios de ximnasia, acrobacia, doma de animais, espectáculos de pallasos etc., para un público que está arredor do escenario.
Etimoloxía
O nome deste espectáculo tomouse do latín circus –i, que designaba o da antiga Roma.
Exemplos *
“Mirou pola fiestra, víase a carpa do circo que se erguía entre os carballos do feiral. Está castigado.” (Carlos Casares: Vento ferido)
“E despois de cear dirá: “Quero ir ao circo”. E o seu pai responderá: “Non”. Entón irá á cama. E pensará: “Os vellos non saben”.” (Carlos Casares: Vento ferido)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.