Carta da que se fan varias copias para envialas a diferentes persoas á vez
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín circularis con significado semellante.
Exemplos *
“Logo, enviamos unha circular aos grupos de teatro do país para os convidar a vir á billeteira.” (Carme Vidal: Sermos, 10-8-2012)
“Posteriormente, e sigo o avance dos nosos achados, tras o exame de certas cartas en clave entre altos executivos da Miegel, cartas que figuraban nos arquivos como circulares ordinarias, viñemos dar cunha evidencia que negaba, no peor sentido, unha parte da nosa primeira hipótese.” (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.