Estrada ou outra vía de comunicación que rodea unha cidade
Etimoloxía
Palabra herdada da latina circumvallatio ‘acción de bloquear’.
Exemplos *
“Colleron pola circunvalación da cidade e logo pola estrada asfaltada sobre os antigos raís do tranvía ata Panxón.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)
“Tiña un coche fóra. Entraron nel e Estrela acelerou. Baixaron á estrada de circunvalación e logo colleron a estrada de Ourense.” (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.