cirurxián, -á

Persoa que exerce a cirurxía

Etimoloxía

Termo que procede do latín medieval chirurgianum que se formou por sufixación sobre a forma clásica chirurgia ‘cirurxía’.

Exemplos *

“Debeu ser cousa dos psicólogos, que lles contaron ós cirurxiáns que o verde é a cor da esperanza e que ós operados hai que poñelos en disposición mental de que todo vai ir ben para eles e que van espertar ó outro lado da anestesia.” (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión, 1998)

“Inerte, intemporal. Pasara así tanto tempo que xa pensaban que non acordaría máis. A coidadora lembraba cantas discusións, cantas xuntanzas tiveran os doutores, que mesmo invitaran a psicanalistas de fóra para tratar o caso, ao tratarse dunha colega ao fin, dunha cirurxiá que estaba collendo sona.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.