cisterna

Depósito destinado a recoller a auga da chuvia ou doutras correntes naturais / Depósito destinado ao transporte de líquidos

Etimoloxía

Termo culto que nos leva ao equivalente do latín cisterna.

Exemplos *

“Un rudimentario urbanismo parece querer distribuí-lo espazo en cuarteis limitados por rúas maiores (con canalizacións) e menores, creando algunhas praciñas enlousadas con laxes. Un percorrido interior lóxico pode segui-la rúa maior ata a antiga fonte pública da que saía a auga, por canles, ata unha cisterna.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 24-12-2000)

“Un camión traslada 1000 kg de rodaballos vivos nunha gran cisterna chea de auga cos animais, cando chega a un tramo da estrada cun sinal que limita o peso dos vehículos. Resulta que o seu peso total excede en 500 kg ó permitido nese firme.” (Amado Barrera Herrero: O acuario mariño de litoral, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.