Encontro convido entre dúas ou máis persoas
Etimoloxía
Voz que nos leva ao verbo “citar” e este procede do latín citare ‘mover’, ‘provocar’, ‘animar’ ou ‘convocar’.
Exemplos *
“Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos. / Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos / chamou ao fio da noite.” (Luísa Villalta: Ruído, 1995)
“Gafitas non entendeu, era algo lenta para as indirectas, de maneira que lle ripei a axenda das mans, tachei as citas da seguinte hora e asentei o meu nome cunha letra de silabario.” (Bieito Iglesias: Miss Ourense, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.