citania

Poboado prehistórico, de maior extensión ca un castro, que se supón da primeira Idade de Ferro, fortificado cun ou varios muros de pedra de forma circular ou oval, cunha pequena acrópole no centro e edificacións circulares e rectangulares, con rúas estreitas entre delas.

Etimoloxía

Considérase que podería proceder do latín civitania, derivado de civitas, -atis ‘cidade’.

Exemplos *

“En canto ao cultivo do trigo, durante moito tempo tívose a crenza de que fora alleo á Galicia antiga, porén ás pescudas que se fixeron nos castros e nas citanias da cultura céltica púidose comprobar a súa existencia na Galicia prerromana.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

“… a existencia de poboados, en xeral fortificados e ás veces de boas dimensións (por exemplo, os grandes castros ou citanias entre Miño e Douro), está documentada en época anterior á conquista …” (Felipe Arias Vilas: A romanización de Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.