cítara

Instrumento musical antigo semellante á lira, pero máis perfeccionado, formado por un número de cordas que oscila entre cinco e once que van suxeitas a unha caixa de madeira rematada en dous brazos

Etimoloxía

Palabra que bebe no latín cithăra 'cítara', e este remite ao grego kithára.

Exemplos *

“A interpretación do himno correu a cargo das musas, encargándose do canto un coro formado polas ninfas, que estarían acompañadas por unha orquestra composta por cen arpas, vinte cítaras, cincuenta liras e trinta salterios.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“Todo comeza no século XVI cun vello muiñeiro que tocaba a cítara, chamábase Viet Bach. Tivo que abandonar a súa terra natal (...) por causa da súa relixión luterana.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.