civismo

Calidade do cidadán que cumpre cos seus deberes e responsabilidades como tal

Etimoloxía

Palabra que se toma prestada do francés civisme que se forma sobre o vocábulo do latín civis ‘cidadán’.

Exemplos *

“Os xaponeses afrontan os problemas de abastecemento e subministración eléctrica con enteireza e civismo, propias dun pobo con forte sentido da comunidade e educado para afrontar urxencias.” (E.P.: Galicia Hoxe, 15-3-2011)

“Para o visitante responde a todos cantos tópicos poidan existir sobre o ideal de vida nórdico. Tranquilidade, limpeza, urbanismo, civismo, e unha historia que se remonta a varios séculos atrás, como constatan as máis de trescentas casas brasonadas que existen na cidade.” (Carlos G. Meixide: Galicia Hoxe, 27-2-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.