clamor

Conxunto de berros confusos dunha multitude / Reacción forte que expresa unha queixa ou un malestar

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde a latina clamor que significaba ‘barullo’, ‘aclamación’ ou ‘aplauso’.

Exemplos *

“Andei por Santiago / pisando estrelas / na noite / que as rúas devolveron / con luces e clamores / secretos / na noite.” (Luísa Villalta: Música reservada,1991)

“Houbo un clamor de prantos contidos e, de súpeto, uns cantos asistentes arrincaron a aplaudir. Pouco a pouco, e a maioría da xente xa se estaba sumando ao xesto.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.