Danza de orixe estadounidense en que o bailarín bate no chan coa punta e o tacón dos zapatos, reforzados en ambas as partes con chapas metálicas que producen un son
Etimoloxía
Adaptación do equivalente francés claquette de significado semellante.
Exemplos *
“Mais a música irlandesa e escocesa xa estaba influíndo no mundo desde o século XIX e os instrumentos dos celtas británicos viaxaran a bordo dos barcos (...). E o baile, o claqué dos irlandeses que logo tomaron marabillosamente os negros americanos.” (Suso de Toro: O país da brétema. Unha viaxe no tempo pola cultura celta, 2000)
“Nunha película, Eleanor e Fred, rodeados de estrelas, como suspendidos no medio do Universo, saen bailando esta canción, regueifeando pasos de claqué con aqueles pés incontestables .” (Rubén Ruibal: Delimvois, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.