Espazo dun bosque en que non hai árbores ou dunha plantación en que as plantas rarean ou non chegaron a nacer
Etimoloxía
Vocábulo que toma como base de derivación a voz “claro” que procede do latín clarum que ten un significado semellante.
Exemplos *
“Non chovía aínda, pero contra o oeste, sobre a ría, o ceo verdeara e unha espesa nube gris ameazaba con tragar o cume do outeiro, a aldea da aba de vendaval e o exótico hotel de casiñas de cor canela e rosa que se erguía nun clareiro do monte Xiabre.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“O húmido ambiente empapaba non só a frondosa vexetación, senón tamén as propias vestimentas. Henry de Helsdale aproveitaba calquera clareiro do bosque para facer un alto e poder enxugar, deste xeito, os seus vellos e reumáticos ósos á gratificante calor do sol.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


