Calidade do que se pode percibir facilmente ou comprender sen confusión.
Etimoloxía
Procede do latín claritas, -atis, de igual significado.
Exemplos *
"… cómpre que a comunicación se realice desde a claridade e, sobre todo, desde a congruencia coa mensaxe emitida." (Xesús R. Jares: Técnicas e Xogos Cooperativos para todas as idades)
"O electorado valora, á hora de analizar unha xestión política, aspectos como a firmeza e a unidade das forzas políticas nas súas propostas, a claridade das súas mensaxes, o compromiso co país …" (Marcos Valcárcel: O Correo Galego 19-10-2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.