Categoría taxonómica, situada entre a división e a orde, que se emprega na clasificación dos animais, as plantas e os microorganismos.
Etimoloxía
Procede do latín classis, -is, que denominaba os grupos en que se dividían os cidadáns.
Exemplos *
"As cabras pertencen ao tipo dos vertebrados, clase dos mamíferos, orde dos ungulados, familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, do xénero ovis e da especie Ovis capra." (Ildefonso-Antón Caamaño: Unha alternativa gandeira pra os montes da Galiza)
"Os Crustáceos constitúen unha clase dentro dos Artrópodos e interésannos directamente pois entre eles hai un bo número de Mariscos." (Rosa Ramonell: Guía dos mariscos de Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.