Ensinanza dada por un profesor aos alumnos sobre unha determinada materia
Etimoloxía
Voz que chega desde a latina classis ‘clase’ ou ‘división’.
Exemplos *
“A verdade é que a min non me apetecía moito lelo. Confeso que as distopías están unidas na miña mente ás clases de filosofía na Secundaria e no Bacharelato e, aínda que intento non pensar en todas as cousas que fixeron na escola para evitar que lese cousas logo, dábame moita, moita preguiza” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 4-2019)
“Viñera vivir á vila coa súa familia, era a prima dunha nena que estaba na miña clase. A ela mandárana á mesma clase, así foi como nos coñecemos. Nunha clase de inglés concretamente.” (Pedro Larrañaga Álvarez: A garza insomne. Certame de narracións breves Manuel Murguía, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.