clima

Conxunto das condicións atmosféricas, humidade, nubes, vento, chuvia, temperatura etc., que caracterizan un lugar, rexión ou país

Etimoloxía

Termo culto que se recolle do latín clima ‘cada unha das rexión nas que se dividía a terra’ que, á súa vez, bebía do grego klíma ‘inclinación’.

Exemplos *

“Co empeoramento do clima a paisaxe fíxose esteparia e a fauna cambiou, aparecendo mamuts, bisontes e renos.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

“Temos un clima idóneo e, por riba de todo", subliña, "unha diseminación poboacional que aconsella un modelo enerxético diferente." (X. Lorenzo: Sermos Galiza, 9-1-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.