Especialista en climatoloxía
Etimoloxía
Termo que se forma por sufixación sobre a base climato- do grego klimatos ‘clima’ e o sufixo -logo ‘o que estuda’, ‘especialista en’.
Exemplos *
“En meteoroloxía, o fin de agosto marca a fin do verán. As meteorólogas e as climatólogas dividen as estacións en grupos de tres meses con base no ciclo anual de temperatura.” (Redacción: Nós Diario, 1-9-2024)
“O 22 de decembro de 2015, falecía nun tráxico accidente de tráfico Aida Fernández Ríos, unha brillante climatóloga de prestixio mundial e tamén unha das persoas máis queridas entre a comunidade científica galega.” (Eduardo Rolland: gCiencia, 12-2-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


