clítoris

Pequeno órgano carnoso e eréctil, moi sensible, situado na vulva, na confluencia dos labios menores.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín científico clitoris, tomado do grego kleitois –idos, o que podería ter relación cunha pedra ou co verbo kleio ‘pechar’.

Exemplos *

“… abusos e aberracións que se cometen a cotío en determinados Estados […], os relativos á des-consideración da muller (matrimonios forzados, discriminación, ablación do clítoris, lapidacións…)” (Calo Iglesias: Tempos Novos 04-2006)

“non hai razón para extirpa-lo clítoris, cose-la vaxina, volvela abrir para o acto sexual cando o home queira, volvela cerrar e reabrila logo no momento do parto…” (O Correo Galego 24-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.