clorofila

Pigmento de cor verde presente nas células dos vexetais, especialmente nas súas follas, que é o responsable da súa fotosíntese e ten propiedades aromáticas e desodorizantes.

Etimoloxía

Chegounos desde o francés, pero formouse a partir dos elementos gregos khloros ‘verde’ e phyllon ‘folla’.

Exemplos *

“Estas microalgas presentan un conxunto de pigmentos auxiliares que chegan a enmascarar a cor verde da clorofila …” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña)

“… os supostos extraterrestres están a observar a cuberta vexetal que é, claro que si, de cor verde, o tipo de luz que non é atrapado polo pigmento clorofila.” (Xurxo Mariño Alfonso: Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.