coartada

Xustificación, desculpa // Proba coa que unha persoa pode demostrar que estaba ausente do lugar no que se cometeu un delito no espazo temporal en que se cometeu

Etimoloxía

Palabra que procede do verbo “coartar” e este do latino coarctāre ‘estreitar’ ou ‘limitar’.

Exemplos *

“−Como que el non matou a Margarita?

−Iso declarou −respondeulle Valentina− e ademais ten a coartada da súa esposa, que confirma que estaba na casa con el cando se cometeu o asasinato.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

“A Policía Nacional estivera falando con Manu para comprobar a coartada de Gael e o seu amigo puxérase nervioso pola visita dos axentes, algo lóxico tendo en conta que era camelo.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés: 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.