cobertor

Manta para a cama

Etimoloxía

Palabra que nos remite coopertorium 'cuberta'.

Exemplos *

“Ten que desfacerse do engarro dos lenzos e cobertores, que a reteñen no calor e a galbana." (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde/ Corazón de pedra dura. Ritenendo, 2011)

“No cuarto mesmo, debaixo dos cobertores, escoitábase un xordo bater, que quizais fose o meu corazón desbocado, mais que eu tomei pola vella petando na tampa desde dentro da arca.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / A morte na Arca, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.