cobra

Réptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas

Etimoloxía

Termo que procede do latino colubra ‘cobra’.

Exemplos *

“A avoa ergueu a vara, e, cun golpe seco, bateulle nos aneis que tiña enroscados na perna. A cobra desfíxose morta e caeu coma unha corda ao chan.” (J.A. Xesteira: Contos de familia / Historia dunha cabra, 2005)

“Ensalada de pétalos de xasmín con flores de banano, pinchos de tarántulas asadas ou vexigas de cobra salteadas son algúns dos pratos máis recomendados nos menús de varios peculiares restaurantes tailandeses.” (Miguel F. Rovira: O Correo Galego, 6-5-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.