Persoa que se encarga de cobrar
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o verbo “cobrar” que é produto de recortar “recobrar” que procede do latín recuperare ‘recobrar’.
Exemplos *
“O cobrador e mailo condutor intentaban rexeita-lo asalto, dicindo que eles non sabían cousa, que o trolebús non obedecía ós mandos e facía o que a el lle petaba.” (Gianni Rodari: “O trolebús número 75”, Contos ó teléfono [trad. Xela Arias], 1986)
“Unha nova época triste, na que comezaron a desfilar cara ao Monte de Piedade os obxectos familiares de máis valor, vaixela de prata, alfaias. Anos nos que cada chamada á porta, os recibos viñan por cobrador, era un sobresalto.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.