cocada

Doce feito de coco relado e azucre

Etimoloxía

Palabra formada sobre o termo “coco”, ingrediente maioritario nesta sobremesa.

Exemplos *

“...ofrecendo outros manxares típicos das panaderías de Neda, como son : prollas , bolas de ovo, bolas de anís, queiques, cocadas... , que farán, ben seguro seguro, aumenta-la multitude de visitantes coa que xa contan dende as primeiras edicións.” (Fina Casalderrey e Mariano García: Festas gastronómicas de Galicia. 1994)

“A muller, co andar arrastrado e o lombo encollido, tardou uns minutos en traerlle, nunha bolsa: dúas cocadas, media ducia de figos pasos, mazapáns, catro mandarinas, un paquete de manises tostados, unha tableta de turrón brando, unha botella de sidra e unha lata de sardiñas en tomate.” (Xurxo Borrazás: Contos malvados/ Felices Festas, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.