cocainas

Persoa que adoita sentir medo e se asusta facilmente ou que carece de valor para enfrontarse aos perigos

Etimoloxía

Crese que a súa orixe é froito dunha onomatopea.

Exemplos *

“Así ese cocainas segue resultando tan estraño prás dúas mulleres coma o primeiro día que se coñeceron.” (Úrsula Heinze: O soño perdido de Elvira M., 1982)

“E coido que non falaron por cocainas, tendo en conta que dunha banda o Xaquín é parente do Aurelio, e da outra, que este é o xefe de dous deles.” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue, 1989)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.