cocemento

Líquido que se obtén de cocer en auga herbas e outras substancias medicinais.

Etimoloxía

Deriva de cocer, que procede do latín vulgar cocere e este de coquere.

Exemplos *

“Apio […]  Hai quen come os talos brancos crus, porque dan bo alento. As follas e os talos úsanse en ensaladas e cocementos, sopas e guisos.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

“Desta planta emprégase a flor contra a debilidade de estómago e males dixestivos, cólicos etc., tamén polas súas propiedades tónicas, antiespasmódicas mediante cocementos e infusións.” (Pilar Antelo Docampo e Xaquín Penas Patiño: As plantas medicinais)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.