coche

Vehículo de catro rodas movido pola acción dun motor, en particular se é pequeno

Etimoloxía

Palabra que tomamos do húngaro kocsi 'carruaxe'.

Exemplos *

“Ir gañando espazos sen coches, máis aínda no casco vello, é un xeito de revitalizar a vila. ” (Redacción: Terra chá xa. Xornal independente da chaira, 2013)

“Moitos cidadáns din que para usar menos o coche, aínda faltan melloras no deseño da mobilidade e o transporte público.” (Redacción: G24.gal, 22-9-2015) [visto 11-9-2026]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.