cochinilla

Insecto da familia dos cóccidos, que adoita vivir sobre as chumbeiras e produce unha materia colorante vermella que se usa, principalmente, na industria téxtil e en perfumaría

Etimoloxía

De orixe incerta, pode que se trate dun derivado mozárabe do grego kogkhúlion,ou ‘cuncha’.

Exemplos *

“La, seda, algodón, cortiza, anil, cochinilla, madeiras tintóreas, cacao, drogas medicinais, etcétera, chegan á Inglaterra desde España e as colonias que lle pertencen por conquista e radicación.” (Xavier Alcalá: Alén da desventura, 1998)

“Para o vermello, utilizaban gra de cochinilla, que tamén proviña do Novo Mundo.” (José Rodríguez Cruz: Trazos sobre a vestimenta tradicional no surleste de Ourense, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.