Paxaro da familia dos túrdidos que pode superar os vinte centímetros de longo, de plumaxe escura, negra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable
Etimoloxía
Voz de orixe onomatopeica. Nome científico turdus merula.
Exemplos *
“A casa parecía máis tristenta que nunca. Resoaba a choiva nas follas das figueiras e dos magnolios. Pola outra banda do val, enriba dos montes cincentos, amosaba o arco da vella. Asubiaban as cochorras no xardín; chirlaban as andoriñas no aleiro do tellado.” (AA.VV.: Tempos Novos, nº 1, 1997)
“No lugar continuaba abundante neve, e o noso tempo de gabaneta repartiámo-lo entre a caza de pardais e cochorras, as escondidelas polas cortes e barras e as xistradas pola neve.” (Aquilino Poncelas Abella: O mestro púxose louco, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.



