cocido

Comida constituída fundamentalmente de carne de porco, vaca e galiña, touciño, chourizos, fabas, patacas e verduras, cocido todo en auga.

Etimoloxía

Deriva de cocer, chegado desde o latín coquere, que, ademais do sentido de ‘cociñar’ tiña tamén o de ‘madurar’.

Exemplos *

“Un bo cocido galego ten que levar lacón, touciño, galiña, carne de vaca, de tenreira, dente -a parte de abaixo da cacheira-, garavanzos, patacas, grelos -ou repolo- e hai que deixar que todo ferva lentamente.” (Xavier Costa Clavell: Galicia Hoxe 09-02-2005)

“Eu fun testemuña nunha ocasión de como entraba un matrimonio maior nunha casa de comidas na que un coñecido ministro e algúns colaboradores despachaban un cocido.” (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí