Fantasma ou figura imaxinaria con que se lles mete medo aos nenos
Etimoloxía
Unha voz expresiva que designa ao fantasma porque a cabeza deste se representaba mediante un froito esférico que tamén serviu para nomear así os cocos, tanto a árbore e como o froito.
Exemplos *
“Andrés Manuel, non xogues con esas cousas que se enfada don Andrés. Don Andrés era o home do unto, o coco, o espantarrapaces. Que fillo trata a seu pai de don? Que fillo lle ten tanto medo a seu pai?” (Francisco A. Vidal: Os pecados capitais, 2007)
“O unto forma parte da mitoloxía popular galega: O Sacaúntos é o personaxe que invocan os maiores para asustar os nenos, o noso particular coco, que se dedica a sacarlles a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.