Anaco de pan pequeno e con codia
Etimoloxía
Voz derivada por sufixación apreciativa sobre o termo “codia” que nos leva ao latín vulgar *cutina ‘pel’.
Exemplos *
“Unha cunca de caldo, unhas castañas asadas ou pilongas cocidas cunha miguiña de leite mazado e mais unhas codelas de pan cunha lasca de touciño eran o consolo e recompensa.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)
“Os máis pobres amañaban como podían as súas propias ruínas mentres axudaban á restauración das casas dos burgueses a cambio dunhas codelas coas que alimentar aos seus.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.