codesal

Lugar poboado de codesos ou onde abundan

Etimoloxía

Voz derivada sobre “codeso” que procede do latín cytisum de significado semellante.

Exemplos *

“...puxo en coñecemento das súas amistades a súa intención de erguer unha casiña de planta baixa no pedregal (...). Meu avó deixoulle arrinca-la pedra no seu codesal, uns carretáronlla coas parellas de bois ou vacas, outros fixeron de canteiros, algúns déronlle árbores para a cubrición.” (Manuel Vázquez Fernández: Aconteceres, 1988)

“O incendio produciuse o 28 de xullo no monte Codesal, na parroquia de Pesqueiras, e afectou 56 hectáreas de monte raso e árbores.” (Redacción: G24.gal, 25-8-2025) [visto 6-11-2025]

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.