codeso

Codeso
Codeso

(Adenocarpus complicatus) Arbusto da familia das papilonáceas, con ramas estriadas, follas trifoliadas, flores amarelas e froito en legume.

Etimoloxía

Procede do latín cutissus ou cytisus, que viña do grego.

Exemplos *

“… os capóns cebados, e os chourizos, e os coellos criados a millo e a codeso, e as ducias de ovos, e as leitugas, e as froitas e outros galanos, cos que de por si, xenerosamente, acudían a nós.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

“Para limpar a eira usábanse vasoiras de xesta ou codeso, no caso de que fose de terra bastaba con quitarlle as herbas que podían nacer ao ir do ano.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.