codia

Parte exterior dura que se forma en certos corpos, en particular nos alimentos como a boroa, o queixo ou o pan.

Etimoloxía

Parece ser que se tomou dunha forma latina cutina, -ae, utilizada en vez de cutis, -is 'pel'.

Exemplos *

"Horacio recibía aos seus pais, que lle perdoaban todo, un indulto escrito e sen escribir na tripa que envolvía os chourizos caseiros, nos queixos brandos coas pegadas dactilares da nai na codia, nas botellas de viño tinto cos pés do pai no pouso." (Aníbal C. Malvar: Unha noite con Carla)

"O queixo tipo Arzúa-Ulloa curado posúe unha codia non diferenciada, de cor amarela moi intensa, brillante e de aspecto graxo." (Ruth Fernádez Fernández: Galicia Hoxe 22-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.