Libro manuscrito en pergamiño no que se recollen obras antigas de importancia histórica ou literaria.
Etimoloxía
Termo culto que chega desde o latín codex, –icis 'libro', 'táboa sobre a que se escribía'.
Exemplos *
"Achegouno á luz, apartando as sedas, e Francisco puido ver que se trataba dun libro, un fermoso códice." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
"As rúbricas son ben difíciles, pero un pode traballar con códices terminados e listos para encadernar." (María Gándara: Magog)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.