coeducación

Educación conxunta de alumnos de ambos os dous sexos

Etimoloxía

Palabra formada polo prefixo “co-” de orixe latina que significa ‘reunión’ ou ‘cooperación’ e o substantivo “educación” que vén do latín educatio, -onis de significado semellante.

Exemplos *

“A secretaria de Políticas de Igualdade afirmou que a coeducación é a base dunha sociedade igualitaria e a separación de sexos na escola "non se pode consentir".” (Redacción: Galicia Hoxe, 16-04-2009)

“Reclamaban o libre acceso da muller ao traballo en condicións de igualdade co home e a igual traballo, igual salario. Pedían coeducación e a eliminación das materias que discriminan á muller.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.