coelleira

Tobo onde se crían os coellos bravos, no monte

Etimoloxía

Voz que deriva de “coello” que procede do latín cuniculus co mesmo significado entre outros.

Exemplos *

“O caso é que o Patiño de Abadín agardou por el coma o tigre entre as altas herbas, coma a serpente no coiñal, coma o furón na boca da coelleira.” (Víctor Freixanes: A cidade dos Césares, 1993)

“Coñecía as toupeiras, os buracos das cobras e da donosiña, e, como non, todas as coelleiras que houbese no monte das Cuvichas.” (Antonio Valverde: “Nolo” en Valminor.info, 16-1-2011 [visto o 13-12-2022])

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.