Mamífero da familia dos lepóridos coas orellas tan longas como a cabeza e as patas traseiras máis longas ca as de diante que vive en estado salvaxe e tamén se cría como animal doméstico para aproveitar tanto a súa carne como a súa pel e do que existen varias especies
Etimoloxía
O termo procede do latín cuniculus co mesmo significado entre outros.
Exemplos *
“Levaba atravesado na boca un óso que non parecía de animal coñecido, coello, galiña ou porco.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O panteón das Martiñas, 2013)
“Mercábase casa propia cun hortalexo atrás onde cultivar grelos, patacas, cebolas ou leitugas, onde criar unhas galiñas ou uns coellos e onde plantar froiteiras ou flores.” (Carlos Sixirei Paredes: A emigración, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


