coexistencia

Feito de coexistir

Etimoloxía

Vocábulo derivado co prefixo co- e “existencia” que, á súa vez, vén do latín tardío exsintentia de significado semellante.

Exemplos *

“Non estamos pola imposición do galego, senón pola coexistencia entre o galego e o castelán en armonía, tal e como conviven agora na sociedade.” (Afonso Eiré: A Nosa Terra, 31-10-2002)

“Yom Yom é un testemuño da coexistencia xudeu-árabe en Haifa e Kadosh desenvólvese en Xerusalén, centro espiritual das tres grandes relixións monoteístas.” (Óscar Peyrou: O Correo Galego, 14-5-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.