Caixa pequena con fechadura para gardar obxectos de valor // Arca grande con tampa curva que se emprega xeralmente para gardar roupa
Etimoloxía
Vocábulo que vén do francés coffre, este, á súa vez, do latín cophĭnus 'cesta', e este do grego kóphinos.
Exemplos *
“A cambio de deleitar os turistas do barco co seu espectáculo, o rapaz acadou billete para a Arxentina onde, ás agachadas, puido pasar a terra dentro dun dos cofres do capitán, que lles tomara agarimo ao rapaz e á súa mascota.” (Vanesa Santiago: A vida sinxela de Marcelo Firmamento, 2017)
“Miña mai contárame unha vez que os libros eran cofres onde as xentes brancas gardaban historias e coñecementos. Explicárame que para nós, as malinke, as historias e os coñecementos estaban na cabeza.” (María Reimóndez: Pirata, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.