cognición

Acción e efecto de coñecer

Etimoloxía

Cultismo procedente do latín cognitio ‘acción de coñecer’.

Exemplos *

“Un grupo californiano dirixido por Frances Rauscher iniciou un experimento encamiñado a buscar correlacións entre a cognición musical e cognicións vencelladas a operacións abstractas (...)” (Jorge Mira: A ciencia no punto de mira/ Mozart aumenta a intelixencia?, 2011)

“Coa fala fixose posible almacenar a cognición humana.” (Juan A. Garzón: A sociedade e as comunicacións, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.