cogordo

Choupín co sombreiro aínda pechado.

Etimoloxía

Apúntase que procede do latín cucurbita ‘cabaza’.

Exemplos *

“Andaba o meigo polas corredoiras do outono, sempre co seu grande paraugas betume, coma un trasno xigante baixo dun cogordo xigante.” (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

“Puiden ser un ananiño amable, conversando só co meu cogordo, pero andei e andei oíndo cousas polo bosque e metinme sen querer noutros camiños.” (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.