Relación ou unión harmónica, sen contradicións, dunhas cousas con outras
Etimoloxía
Palabra culta que bebe do latín cohaerentia ‘conexión’.
Exemplos *
“Os rapaces precisan que alguén os eduque ben, con coherencia.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“El, pola súa idade e polo seu labor, pola fidelidade incorruptíbel aos ideais do galeguismo, pola coherencia e pola dignidade, polo seu exemplo moral, é el si o é, un Bo e Xeneroso.” (Fran P. Lorezo: Galicia Hoxe, 27-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.