coidador, -a

Persoa que coida ou ten baixo o seu coidado algo ou a alguén

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “coidar”, verbo que procede do latino cogitāre 'pensar'.

Exemplos *

“O estudo do Colexio de Enfermaría fala de que o paciente do Sintrom é unha persoa de 75 anos e medio, que non ten coidador ou que ten un coidador familiar.” (Marta Veiga Izaguirre: Luzes, 12-2014)

“O rol de coidadoras das mulleres organiza a sociedade de tal forma que a igualdade de oportunidades no espazo público non se garante só a través da regulación do mesmo.” (Carme Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.