coído

Pequena enseada con pedras que o mar foi arredondando

Etimoloxía

Palabra que está relacionada con “coio” que se vincula co celta crodios ‘duro’ ou con *kauno.

Exemplos *

“Tamén é aconsellable consultar a táboa de mareas para poder gozar en plenitude das formacións das Catedrais e de moitas das praias, de area branca fina e compacta, ás que coa marea alta apenas lles queda ao descuberto unha estreita liña de area ou un pequeno coído.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 2-10-2014)

“As praias de cantos e bloques, coñecidos como coídos en Galicia, son espazos dinámicos sacudidos polos temporais.” (AA.VV.: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.