Instrumento que consta dunha folla de metal con fío por un dos lados e unida a un mango, que se usa para cortar diferentes cousas.
Etimoloxía
Nace do termo latino cultellus, –i 'coiteliño', diminutivo de culter, –tri 'coitelo'.
Exemplos *
"Unicamente foi capaz de ver o intenso brillo, o reflexo súpeto na longa folla do coitelo que seccionaba o rabo do froito roubado." (Henrique Dacosta: Unha mada de doce relatos)
"Miguel Touriño sacou todos os coitelos do caixón e repasoulles o gume un a un." (Uxía Casal: Vidas exemplares)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.