Acción e efecto de colaborar
Etimoloxía
Palabra que se crea desde o verbo “colaborar” que vén do equivalente do latín collaborare ‘traballar de común acordo’.
Exemplos *
“Presentamos un proxecto para ampliar as nosas instalacións, incluíndo a merca dunha hectárea de terreo lindeiro para repoboar de autóctonas en colaboración cos ecoloxistas de Ridimoas.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
“Como resultado da colaboración e o esforzo de toda a comunidade, o produto desta actividade pertencía a todos os membros do grupo.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.