Adorno que se pon arredor do pescozo sen que o cinga.
Etimoloxía
A partir de collum, -i ‘pescozo’, formouse no latín collare, -is para denominar este obxecto.
Exemplos *
“… un fermoso e soñadísimo escote redondo protexido por unha tea fina e transparente que deixaba ver unha gorxa da que penduraba un groso colar tamén redondo.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo)
“… aquel colar tan fermoso, de coral negro auténtico, que eu collera para botarlle unha ollada, íanolo deixar por doce dólares …” (Xosé Manuel Martínez Oca: Como paxaro caído do niño)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.