Colchón de funda elástica e impermeable, que se infla con aire
Etimoloxía
Voz derivada do verbo “inflar” que nos chega desde o latín inflare.
Exemplos *
“Ó longo da mañá os diferente grupos formados por nenos e nenas de entre 3 e 5 anos realizaron diferentes actividades e obradoiros como pescar, educación vial, paseos en barca, manualidades, contacontos, inchables, obradoiros de xogos psicomotrices.” (Redacción: Novas do Eixo Atlántico, n. 71, 6-2015)
“Sempre me pareceu que ten algo de hipnótico iso de mirar xirar un tambor mentres lava. As distintas pezas parecen alternarse en se asomaren ao cristal a saudar. Como fan os cativos nos inchables das feiras ou nas atraccións das bólas de cores.” (Xesusmmc: Diario dun filólogo confinado. Podía darme por ler máis, pero deume por escribir. Días estraños en que apenas pasa nada e queres contalo todo, en: : https://diariodunfilologoconfinado.wordpress.com/2020/04/09/absurdeza-n-o-1/ [visto 14/08/2024]
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.